CRTVG

Buscar

Un obreiro salva a vida dun matrimonio ao apagar con caldeiros de auga o incendio da súa vivenda na Coruña

Publicado o 04/10/2019 15:48

Un obreiro salvou a vida dun matrimonio tras declararse un incendio na casa en que vivían. Estaba a traballar nunha vivenda próxima e apagou o lume con caldeiros de auga que el mesmo encheu.

O incendio comezou arredor das dez e media da mañá, nesta casa unifamiliar situada no número 35 da avenida de Arteixo. O matrimonio que vive nela salvouse do lume. Foi a señora quen se asomou á ventá e avisou uns obreiros que estaban a traballar nunha vivenda próxima. Un deles abandonou a obra e acudiu a prestar a axuda.

Mentres, os veciños que viron saír fume polas fiestras da vivenda, deron o aviso aos bombeiros. Cando estes chegaron, o lume que se orixinou, segundo confirmaron, nun enchufe por mor dun curtocircuíto, xa estaba apagado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019