CRTVG

Buscar

Un obradoiro sobre videoxogos e animación 3D chega á aula CeMIT de Cuntis

Publicado o 29/08/2019 13:49

10 rapaces, de entre 13 e 17 anos, achegáronse á aula CeMit de Cuntis para ter o seu primeiro contacto co mundo da animación, dos efectos virtuais e da realidade virtual. Durante a xornada, as mozas e mozos descubriron o amplo abano de saídas laborais que agocha este mundo virtual.

Dende Amtega impulsan estes obradoiros para que os rapaces coñezan que, máis alá do entretemento, os videoxogos e a animación 3D serven para moito máis e poden chegar a ser de grande utilidade.

Desta maneira, as mozas e mozos de Cuntis saíron da aula cunha visión totalmente renovada das múltiples aplicacións do mundo virtual.

Noticias web

29/08/2019