CRTVG

Buscar

Un número de teléfono permitirá denunciar incendiarios de xeito anónimo

Publicado o 14/06/2019 16:53

A 15 días para que comece a época de alto risco incendiario en Galicia, ás cámaras e drons vixiantes engádeselles un número de teléfono anónimo para realizar denuncias ou avisos. "É un número que non deixa rexistro, totalmente anónimo para a seguridade dos denunciantes, no que poden trasladar ás forzas e corpos de seguridade toda a información sobre esa actividade delitiva e posibles denuncias de incendiarios", dixo Tomás Fernández Couto. Director xeral de Montes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019