Un novo xogo perigoso faise viral na Rede
É o último xogo de moda que se está facendo viral e que tamén está chegando aos institutos de Galicia. Cada vez son máis os xogos perigosos que se difunden con rapidez e facilidade entre os adolescentes. En España, a alarma deuna a Policía Local de Granada. As lesións que este xogo pode provocar poden ser dramáticas.
"O máis leve que pode pasar é que un teña unha contusión na columna vertebral na zona das costas, que teña contusións, que quede con mazaduras, o que lle vai producir dor e problemas de mobilidade. Pero podería producir fracturas, e fracturas que poden chegar a que acaben nunha cadeira de rodas. E outra lesión moi grave pode ser unha conmoción cerebral, que pode incluso desencadear a morte" Apunta Norberto Proupín, médico de Atención Primaria
"A min impactoume, hai que dicilo todo, e a min impactoume" "A min a verdade é que me parece unha absoluta animalada porque se pode magoar moitísimo. Podes quedar tetrapléxico tan só coa caída, paréceme que é moi forte", "Isto, en verdade, é para subilo despois á Rede e dicir "Mira que 'guai' son", pero, en verdade, non es nada 'guai', ao contrario, porque facer esas parvadas só para quedar ben, 10 segundos de vídeo pois..." Os que fan son Adrián Caamaño e Álvaro Barral, estudantes de 1º de bacharelato no IES Xelmírez II
Non todo vale para divertirse, e esa é a mensaxe que debería calar entre os que ven divertidas estas bromas macabras.