CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Un novo sistema de envasado do mexillón permite que permaneza fresco e vivo durante máis tempo

Publicado o 09/09/2018 13:10



E falamos agora dun novo sistema que xa se emprega no envasado de mexillón. Permite que o molusco permaneza fresco e vivo durante máis tempo. Ademais é fácil de transportar e chega ao mercado limpo e listo para consumir.



As primeira probas con este novo xeito de empaquetado comezaron nesta depuradora de Cambados hai tres anos. Hoxe é unha realidade e o mexillón envasado en atmosfera protectora xa ten o seu oco no mercado. Son moitas as vantaxes que presenta; a principal é que a vida útil do produto fresco e de calidade aumenta, pasando de tres ou catro días ata dez. O transporte simplifícase e o mexillón chega ao comprador limpo e preparado para o seu consumo. Este proxecto recibiu unha axuda da Xunta máis de 3 millóns de euros para mellorar os seus procesos de produción e venda.
A empresa xa está a traballar no lanzamento de novos produtos elaborados de mexillón de V gama.