CRTVG

Buscar

Un novo sismo na madrugada do sábado fixo tremer as terras de Celanova

Publicado o 10/08/2019 10:15

Un tremor de 3,4 graos na escala de Richter sentiuse esta mañá, ás seis e oito minutos, na provincia de Ourense. Tivo o epicento en Celanova, a tres quilómetros de profundidade¡.
O terremoto sentiuse en varios quilómetros á redonda. É o cuarto sismo que se rexistra na comarca de Celanova nas últimas horas, segundo o Instituto sismolóxico nacional.. Esta noite houbo outro pequeno sismo, de 2 graos, con epicentro na Merca. Tamén nese concello xa tremera a terra o xoves, cunha magnitude similar. E un día antes, o mércores, outro pequeno movemento telúrico de 1,9 graos na escala de Richter rexistrouse en Cartelle.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019