CRTVG

Buscar

Un novo punto eruptivo no Cumbre Vieja expulsa cinza e gases

Publicado o 15/10/2021 21:34
Un novo punto eruptivo no Cumbre Vieja expulsa cinza e gases

EFE/ Miguel Calero

EFE

Un novo punto eruptivo xurdiu no volcán Cumbre Vieja dentro da área do cono principal, que expulsa gases e cinzas pero que de momento non emite lava, segundo informaron a EFE fontes do Pevolca.

Os responsables do Plan de Emerxencias Volcánicas de Canarias (Pevolca) están nestes momentos tentando recompilar todos os datos sobre este novo punto eruptivo.

Aseguran que, polo que observaron, trátase dun proceso normal dentro deste tipo de erupcións e xa ocorreu antes nas case catro semanas que leva activo este volcán. Segundo o Instituto Volcanolóxico de Canarias (Involcan), o novo punto eruptivo está situado ao sueste do cono principal e expulsa cinzas e piroclastos (fragmentos de material volcánico de distinto tamaño).

Noticias web

15/10/2021