CRTVG

Buscar

Un novo informe di que o neno Julen puido morrer polos golpes da piqueta

Publicado o 27/02/2019 15:29

Nova hipótese sobre a morte do neno Julen no pozo de Totalán, Málaga. Un informe solicitado polo propietario da parcela onde faleceu sinala que a piqueta coa que inicialmente intentaron rescatar o pequeno puido golpealo na cabeza e provocarlle o traumatismo que o matou. O informe explica que esa piqueta, que remataba en punta, se empregou catro horas despois de que o neno caera no pozo, e que cando deixaron de usala tiña oito pelos no seu extremo.

O avogado do propietario da parcela presentou hoxe este informe e pide que se realicen as dilixencias necesarias para aclarar as circunstancias exactas da morte. Tamén hoxe declararon no xuízo os sendeiristas que auxiliaron en primeiro lugar os pais do pequeno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019