CRTVG

Buscar

Un novo incendio afecta ao parque natural do Invernadoiro

Publicado o 14/09/2018 21:13

Esta tarde rexistrouse un novo incendio forestal no Parque Natural do Invernadoiro.Os equipos de extinción traballan arestora para intentar sofocar as lapas que comezaron contra as cinco da tarde na parroquia de San Mamede da Hedrada, en Vilariño de Conso, e que segundo as primeiras estimacións de Medio Rural afectan a unhas tres hectáreas de superficie.  Máis dunha ducia de medios aéreos e unhas 10 brigadas participan na extinción.En agosto rexistráronse outros tres lumes nesta zona que calcinaron máis de 100 hectáreas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018