Estabilizado o incendio de Lobeira que afecta unhas 20 hectáreas do Xurés
Publicado o 07/08/2020 13:50

Os incendios non dan descanso á provincia de Ourense.
O 085 informa que está estabilizado o incendio forestal que se iniciou de madrugada no concello de Lobeira. Segundo o balance provisional, van xa 20 hectáreas queimadas. O lume afecta o Parque Natural do Xurés.
Na súa extinción participan catro axentes, sete brigadas, tres motobombas e unha pa.
Segue o lume en Viana do Bolo
Canto ao incendio orixinado o pasado luns tamén na provincia de Ourense, en concreto, en Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, continúa estabilizado, tras queimar unhas 200 hectáreas.
No control deste incendio mobilizáronse 17 axentes, 50 brigadas, 11 motobombas, 9 avións e 8 helicópteros.
ESTABILIZADO o #IFAFragaLobeira.
— incendios 085 (@incendios085) August 7, 2020