CRTVG

Buscar

Un novo grupo de oito inmigrantes fúgase do CIE de Tenerife

Publicado o 11/08/2019 15:37

Un novo grupo de inmigrantes fugouse na noite do sábado do Centro de Internamento de Estranxeiros de Hoya Fría, en Tenerife.

O grupo, integrado por 8 persoas, aproveitou o cambio de quenda policial para forzar unha reixa e escapar. No seu intento por retelos un axente da Policía Nacional resultou ferido leve e necesitou puntos de sutura. Os axentes seguen na procura dos inmigrantes coa axuda de unidades da Policía Local.

Esta fuga prodúcese unha semana despois de que outros 24 internos do CIE intentaran escapar durante un traslado. Deses 24, seis seguen en paradoiro descoñecido.

Noticias web

11/08/2019