CRTVG

Buscar

Un novo gromo suma en Sarria unha ducia de positivos

Publicado o 12/03/2021 14:54

Foi na parroquia de Ferreiros, en Sarria, onde saltou o primeiro positivo. Tras el foron aparecendo novos casos que agora suman xa unha ducia e estanse a rastrexar os seus contactos estreitos que se concentran en tres zonas.

Comezaron os cribados e na parroquia onde se iniciou o gromo. Os veciños están xa pendentes da chamada.

Dende Sanidade sinalan que o gromo está localizado e seguen a rastrexabilidade dos contaxios.

"Estámolos cribando como posibles contactos deses casos, pero está moi localizado. Estamos estudando o gromo e todos os casos están rastrexados", sinala Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.

Durante a fin de semana tamén haberá cribados entre os veciños de Paradela e en Chantada entre persoas que traballan de cara ao público. En ambos os dous concellos aumentaron os casos e o obxectivo é detectar asintomáticos.

Noticias web

12/03/2021