CRTVG

Buscar

Un novo fármaco que cura o cancro de pulmón en ratos probarase en humanos no 2020

Publicado o 21/03/2019 22:11

Investigadores do Instituto de Oncoloxía do Vall d'Hebron acaban de desenvolver un novo tratamento, probado con éxito en ratos e que esperan probar en fase de ensaio clínico en humanos no 2020, para inhibir un xene que causa, entre outros, o cáncer de pulmón máis agresivo.

A proteína MYC ten un papel clave no desenvolvemento e a expansión do cancro. Tamén é a responsable de que a enfermidade sobreviva aos tratamentos actuais. Hai 20 anos que se traballa na busca dun fármaco que ataque e inhiba esta proteína. Un proxecto ambicioso que hoxe achega resultados.

Adminístrase vía intravenosa, ten un grande efecto inhibidor e apenas presenta contraindicacións.

O primeiro ensaio foi en ratos, comprobouse como en poucos días se combatía o tumor máis letal, o de pulmón. Empezouse por esta tipoloxía de cancro, pero non se desbota aplicalo a outras.

Será cos enfermos de cancro de pulmón cos que se comezará o ano que vén o ensaio clínico en humanos. Comprobada a súa eficacia, o seguinte paso será a súa comercialización.




 

Noticias web

21/03/2019