CRTVG

Buscar

Un novo detido pola brutal malleira a un mozo en Amorebieta, Biscaia

Publicado o 01/08/2021 13:17
Un novo detido pola brutal malleira a un mozo en Amorebieta, Biscaia
A Garda Civil detivo outro mozo en relación coa malleira a un rapaz en Amorebieta (Biscaia), segundo avanzaron fontes da investigación a Efe. A detención tivo lugar este domingo en Medina de Pomar, Burgos. 
Con esta detención elevaríanse a dez as persoas arrestadas. Os presuntos agresores relaciónanse cunha banda xuvenil violenta que se coñece como os 'irmáns koala'. A vítima permanece ingresada en estado moi grave no hospital.

 

Noticias web

01/08/2021