CRTVG

Buscar

Un novo deceso eleva a 2.290 os falecementos por coronavirus en Galicia

Publicado o 12/03/2021 20:32
Un novo deceso eleva a 2.290 os falecementos por coronavirus en Galicia

Sanidade vén de notificar o falecemento dunha persoa que fora diagnosticada por coronavirus. Con ela, a cifra total de vítimas mortais que deixa a pandemia é de 2.290 en Galicia dende o seu comezo.

A falecida era unha muller de 75 anos con patoloxías previas que perdía a vida hoxe no CHUVI.