CRTVG

Buscar

Ningún falecido con coronavirus en Galicia nunha xornada de suba mínima dos contaxios

Publicado o 16/06/2020 20:53

• Un novo caso sitúa en 349 os contaxios activos

• As dúas novas altas elevan a 10.491 as persoas recuperadas

Ningún falecido con coronavirus en Galicia nunha xornada de suba mínima dos contaxios

Ningunha nova morte rexistrada en Galicia durante este martes mantén o total de vítimas mortais do coronavirus en 619. A comunidade encadea case unha semana sen falecementos por esta causa, logo de que se rexsitrara o último falecido o pasado mércores en Vigo.

Por primeira vez desde que a curva de casos comezou a baixar, Galicia experimentou unha mínima suba de contaxios activos nas últimas 24 horas, ao incrementarse a cifra dos 348 casos contabilizados onte aos 349 de hoxe. Con todo, déronse dúas novas altas, ata un total de 10.491.

Por áreas sanitarias, a distribución dos casos é a seguinte:

• Vigo: 142 (+2).
• A Coruña: 109 (+1).
• Santiago: 33 (-1).
• Ourense: 26 (=).
• Lugo: 19 (-1).
• Ferrol: 12 (=).
• Pontevedra: 8 (=).

Hai 8 pacientes hospitalizados, un máis ca onte.

O número de PCR realizadas é de 159.799.