CRTVG

Buscar

Un novo camión queda atrapado baixo unha ponte na parroquia de Alba, en Pontevedra

Publicado o 07/09/2021 14:50

Este treito da vía autonómica que enlaza a N-550 e a estrada de Vilagarcía segue a ser unha trampa para os camioneiros. Porque o oco do túnel non permite o paso dos vehículos máis altos. Houbo moitos casos diso e volveuse repetir a situación estes días. Porque ao pórtico sobre a calzada fáltanlle as láminas que co seu son alertan de que un camion excede os 3,40 de altura.

Dun lado faltan as láminas sonoras, pero do outro non hai nin o soporte. Inopinadamente, segundo a asociación de veciños, foi desmontando e o risco de novos atrancos e aumenta en ambos os dous sentidos da circulación.

Ademais dunha glorieta e pasos seguros para os peóns na N-550 os veciños reclaman como solución definitiva a construción da anunciada variante.

Nas parroquias pontevedresas de Alba de Cerponzóns consideran que a variante tamén acabaría con outro risco para a seguridade viaria. En Liborei, estes anacos de tella no chan son o resultado do paso de vehículos voluminosos por este paso estreito. Porque son moitos os que se meten por aquí guiados polo navegador GPS.

Noticias web

07/09/2021