CRTVG

Buscar

Un novo apagamento no centro de Pontevedra deixa parados aos negocios durante 40 minutos

Publicado o 03/02/2020 14:29

Arredor das sete da tarde de onte, o centro de Pontevedra quedaba sen luz. As rúas Michelena, Gutiérrez Mella, Marqués de Riestra, da Oliva e Rosalía de Castro sufriron un novo apagamento que afectou tanto domicilios particulares como negocios. Estes últimos tiveron que facer unha parada na súa actividade durante uns corenta minutos mentres se arranxou a avaría.

Dende os negocios din que se trata dun problema recorrente que fai que perdan clientes e, en consecuencia, deriva en perdas económicas. Tamén os propietarios das vivendas da zona din non entender a frecuencia destas avarías que, cando menos, tardan media hora en arranxarse.

Tras os cortes de luz dos últimos meses, tanto o propio Concello coma os propietarios dos negocios reclaman solucións á compañía eléctrica. Á espera de que se apliquen medidas para que deixen de repetirse estes incidentes, retoman a súa actividade, pero fano en estado de alerta por se teñen que adaptarse, unha vez máis, a un novo apagamento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/02/2020