CRTVG

Buscar

Un novo acoitelamento no Orzán preocupa os veciños e hostaleiros do barrio coruñés

Publicado o 30/10/2019 14:38

A agresión foi de madrugada, na rúa Socorro, na esquina co pasadizo do Orzán, tras unha discusíón entre varios mozos e mozas. Nun momento dado, un deles sacou un coitelo de dez centímetros de folla dentada e acoitelou outro mozo nas costas.

Cando chegou a Policía Nacional ao lugar atoparon a vítima tirada no chan e sangrando. Unha ambulancia trasladouno ao CHUAC. Pouco despois, os axentes atoparon un grupo de homes e mulleres preto de onde aconteceron os feitos e un deles coincidía coas características facilitadas polas testemuñas. Prendérono como suposto autor dun delito de lesións. Amais incautóuselle o coitelo co que supostamente acoitelou o mozo. Agora investigan os feitos.

Os veciños levan tempo denunciando este tipo de violencia no barrio e pedindo máis control dos locais nocturnos.

E ante esta presión veciñal, os hostaleiros que din que cumpren cos seus horarios, deféndense.

Mesmo din que o ambiente que hai agora no barrio afecta os seus negocios. Queren recuperar a tranquilidade e que o seu barrio deixe de ser o epicentro de pelexas e agresións con armas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019