CRTVG

Buscar

Un niño de velutinas impide abrir as ventás nun edificio de Moaña

Publicado o 09/07/2020 13:49

Os inquilinos dun céntrico inmoble de Moaña non poden abrir as fiestras, malia a calor. A causa é un niño de velutinas que leva preto dun mes instalado no edificio.

O niño está no cuarto andar do número dezasete da avenida Daniel Castelao no marco da xanela. Non é a primeira vez que unha colonia de velutinas aniña aquí, hai veciños que consideran que tras a última limpeza realizada polos bombeiros, a avespa raíña quedou dentro e o niño volveu reproducirse.

Con este novo niño levan xa preto dun mes. Ata o lugar desprazáronse xa algúns especialistas na súa exterminación e retirada, pero a negativa da veciña do cuarto B a que accedan á súa vivenda está dificultando o traballo e xerando moitas molestias aos veciños, que pasan días enteiros coas fiestras pechadas nestes días de calor. Á familia de Xosé Daniel Juncal pillounos a todos na casa esta situación.

As únicas solucións para estes veciños serían a actuación dos bombeiros cun equipo de altura ou que unha orde xudicial ou a boa disposición da veciña do cuarto permitisen acceder á súa vivenda.

Noticias web

09/07/2020