CRTVG

Buscar

Un neno xoga cunha "súper enfermeira", así homenaxea Banksy os sanitarios

Publicado o 08/05/2020 09:15

O artista británico Banksy recoñece o labor dos traballadores do Servizo Nacional de Saúde británico nun novo cadro.

No debuxo, un neno elixe unha enfermeira como a superheroína para xogar no canto de Batman ou Spiderman, que van para o lixo. Banksy titulouno Game Changer, que podemos traducir por Cambiando as reglas de xogo. O cadro vai seguir no Hospital de Southampton ata que remate o confinamento, e despois irá a poxa. O recadado irá ao Servizo Nacional de Saúde.

Noticias web

08/05/2020