CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un neno repasa a historia de Cambre a través de pezas de Playmobil

Publicado o 17/05/2018 14:37
Un repaso pola historia romana de Cambre a través de pezas de Playmóbil. O Museo arqueolóxico da vila presenta unha recreación histórica do seu pasado a través dos ollos dun neno de nove anos que ten na arqueoloxía e nos playmóbil as súas afeccións.




" "

Nesta pequena maqueta do pasado romano de Cambre todo está estudado á perfección. O castro, o mercado e mesmo o río que pasa pola zona. E é que Rodrigo Lorenzo desenvolveu un completo labor de investigación para esta recreación histórica.

" "
Desde moi pequeno colecciona pezas de playmóbil. Co tempo foi descubrindo que con elas pode recrear calquera época histórica, a súa auténtica paixón.

" "
Para montar a maqueta tivo que adaptar moitas das pezas e buscar a través do mundo algunhas xa descatalogadas. Pero o resultado pagou a pena e hoxe esta mostra soprende a todo aquel que entra no Museo Arqueolóxico de Cambre. Agora traballa xa nunha ampliación que prevé ter a punto para xullo.

" "
Rodrigo ten claro que o seu futuro vai ter que ver coa historia ou a arqueoloxía. Mentres chega, vai aplicando o mellor método de aprendizaxe, ese de aprender xogando que figura nos manuais educativos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí