Un neno queda ferido ao caer polo oco dun ascensor nun edificio inacabado de Narón
Publicado o 26/07/2021 09:21
A obra leva anos inacabada. Os rapaces saltaron o valo perimetral e subiron ata o cuarto piso. Un deles caeu polo oco do ascensor. Os seus compañeiros chamaron inmediatamente a emerxencias. O 112 mobilizou unha ambulancia medicalizada, a Policía Local e o Servizo de Salvamento de Narón. Cando chegaron os bombeiros, os sanitarios acababan de estabilizar o mozo.
Foi unha caída de cinco alturas, porque o rapaz acabou na planta menos un. A auga acumulada no soto puido mitigar o impacto. Por sorte, un dos seus amigos sabía realizar manobras de reanimación. O 061 trasladou o rapaz ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.