CRTVG

Buscar

Un neno pícase cunha xeringa infectada nun parque de Santiago de Compostela

Publicado o 09/03/2019 19:51

Os pais dun neno de dous anos denuncian que o seu fillo picouse cunha xeringa con hepatite C cando estaba a xogar nun parque do barrio compostelán da Choupana

O representante legal dos pais asegura que o neno cravouse a xeringa accidentalmente cando foi coller unha pelota coa que estaba xogando. Trasladárano rapidamente ao servizo de urxencias do Complexo Hospitalario de Santiago onde lles confirmaron que a xeringa estaba infectada.

O avogado di que na familia están vivindo unha traxedia porque non saberán ata dentro duns meses se o neno está infectado, e piden medidas para evitar novos casos. Dende o Concello de Santiago aseguran que se puxeron en contacto co representante legal dos pais e que este luns terán unha xuntanza co servizo de limpeza.

Noticias web

09/03/2019