CRTVG

Buscar

Un neno francés de 4 anos e seu pai, de 29, morren afogados nunha praia de Xirona

Publicado o 17/08/2019 21:32

Un neno de 4 anos e seu pai, de 29, os dous de nacionalidade francesa, morreron afogados esta tarde nunha praia de Xirona. . O servizo de socorrismo da praia rescatou o neno inconsciente e practicoulle manobras de reanimación ata que chegaron as urxencias médicas, que seguiron co proceso sen éxito. A nai avisou que tamén faltaba o pai, que se metera na auga co pequeno. Despregouse un dispositivo por mar e aire e coa axuda dunha cámara térmica deron con el hora e media máis tarde, a tres metros de profundidade. Tamén trataron de reanimalo pero non o lograron. Cando ocorreu o suceso ondeaba na praia a bandeira verde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019