CRTVG

Buscar

Un neno de tres anos evita en Vigo que o pai agrida a nai

Publicado o 24/11/2020 11:52

Un neno de só tres anos e a súa irmá de 11 lograron librar a súa nai da agresión de seu pai. O home foi detido pola Policía Local.

Situación terrible a que viviron eses nenos. Ocorreu á hora da cea. O home discutiu coa muller por unhas desavinzas entre ambos os dous e supostamente golpeouna na cara. Nese momento estaban presentes os fillos, de 3, 11 e 17 anos, e un bebé.

Ao ver como o proxenitor mallaba na nai, o pequeno de 3 anos correu cara a eles e interpúxose entre ambos os dous para separalos e defender a muller. A nai intentou saír da cociña, pero o marido impediullo. Foi entón cando lle pediu á nena de 11 anos que chamase a policía.

Minutos despois chegou unha patrulla á vivenda. A muller explicoulles aos axentes que non era a primeira vez que a súa parella a agredía. Díxolles que non soportaba máis a situación e que estaba disposta a denuncialo. O suposto agresor foi arrestado pola policía e está previsto que nas próximas horas compareza ante o Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo.       

Noticias web

24/11/2020