CRTVG

Buscar

Dous bebés e a súa nai falecen nun incendio dun piso en L'Hospitalet

Publicado o 18/04/2019 19:55

• Unha muller tivo que fuxir pola fiestra do cuarto andar

 

 

Dous nenos e a súa nai morreron nun incendio dunha vivenda en Hospitalet de Llobregat, Barcelona. A familia era de nacionalidade dominicana e tiña un neno de tres anos e un bebé de poucos meses que foi trasladado en estado crítico ata un centro hospitalario mentres lle practicaban manobras de reanimación, finalmente sen éxito. As lapas avanzaron con celeridade e calcinaron por completo o cuarto andar.


Na casa residían outras tres mulleres, que si lograron salvarse. Unha delas sobreviviu tras colgarse desde unha ventá sendo rescatada despois polos bombeiros. As outras dúas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume.

Os veciños foron alertados polos berros da nai falecida que pedía auxilio a berros, pero non puideron axudala pola gran cantidade de fume que había arredor da porta do piso. En menos de dez minutos chegaban os equipos de urxencias que conseguiron salvar as outras tres inquilinas, que esperan agora ser realoxadas noutra vivenda.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí