CRTVG

Buscar

Un neno de trece anos queda ferido ao ser atropelado cando ía en bicicleta en Rianxo

Publicado o 20/05/2018 19:39
Un neno de trece anos queda ferido ao ser atropelado cando ía en bicicleta en Rianxo

Un neno de trece anos quedou ferido ao ser atropelado cando montaba en bicleta en Rianxo (A Coruña). Os feitos ocorreron ás 14.30 h. na estrada CP-3301, ao seu paso por Rial, na parroquia de Leiro do citado concello. O 112 alertou a Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Boiro e á Policía Local. O menor foi trasladado polo persoal sanitario ao punto de atención continuada de Rianxo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2018