CRTVG

Buscar

Un neno de Ponteareas recibe unha felicitación sorpresa da Garda Civil

Publicado o 12/04/2020 10:56

A dureza do actual confinamento na casa é se cabe máis difícil de soportar para os menores, pero dalgún xeito as sorpresas non deixan de aparecer para facerlles máis levadíos estes días sen colexio ou sen xogos nin celebracións cos amigos.

Así varios axentes da Garda Civíl do destacamento de Tráfico do Porriño, coñecedores de que era unha xornada moi especial para Adrián a do seu oitavo aniversario, unha vez cumprido co seu traballo en varios controis rutineiros na A-52, detiveron as súas motocicletas ante o domicilio do rapaz en Ponteareas para felicitalo. Ante a emoción do cativo non dubidaron en cantarlle o "Aniversario feliz" a coro cos seus veciños.

E ademáis recolleu dos axentes unha camisola e un balón de fútbol, xesto que Adrián baixou a agradecerlles e, como marcan os protocolos, saudou un a un aos motoristas de Tráfico co cóbado.

Noticias web

12/04/2020