CRTVG

Buscar

Un neno de 6 anos con leucemia cura cunha terapia pioneira na sanidade pública

Publicado o 25/04/2019 19:35

Un neno con leucemia que non respondía a ningún tratamento curou grazas a unha terapia pioneira na sanidade pública. A T-Car adestra as defensas do propio paciente para que ataquen o cancro e ten unha porcentaxe de curación do 90 por cento.

Álvaro ten seis anos. Con 23 meses diagnósticáronlle leucemia. Non respondía ás terapias convencionais como a quimioterapia e o transplante e sufriu dúas recaídas da enfermidade, o que o facía un paciente idóneo para recibir unha terapia pioneira, a T-Car. Este tratamento adestra as defensas do propio paciente para que ataquen as células con cancro.

Susana Rives, hematóloga do hospital San Joan de Deu: "Primeiro sacamos células do paciente. Despois modificámolas xeneticamente no laboratorio, de forma que as rediriximos contra o tumor".

Tras recibir este tratamento non se lle detectou ningunha evidencia da enfermidade e xa pode facer vida normal.

Marina, nai de Álvaro: "Ao levar pouca quimioterapia o corpo está máis preparado e pode facer unha vida máis normal e podemos levar unha vida familiar estable. Podemos ter o noso outro fillo na casa e para nós iso foi fundamental".

Álvaro é o primeiro paciente que recibe este tratamento na sanidade pública española, pero xa hai máis agardando por el. A porcentaxe de éxito desta terapia en persoas que non respondían a ningún tratamento é do 90%.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019