CRTVG

Buscar

Un neno de 14 anos falece, en Alacante, ao envorcar o remolque no que viaxaba

Publicado o 07/12/2019 21:57

O accidente sucedeu nun terreo deste campamento de Cumbres Alegres situado no pequeno concello alacantino de Torremanzanas. Unha chamada alertaba o centro de coordinación de emerxencias na tardiña do venres.

Ao parecer, o sinistro produciuse cando os tres menores estaban facendo un percorrido polas instalacións subidos no remolque que ía enganchado ao todoterreo. Ao xiraren nunha curva envorcaron.

Os servizos médicos desprazados ao lugar, nada puideron facer polo rapaz de 14 anos, que faleceu a consecuencia das feridas. Os outros dous nenos de 13 anos macáronse de xeito leve e foron trasladados ao hospital San Juan de Alacante. Un fracturou o nariz e outro unha clavícula e unha costela.




 

Noticias web

07/12/2019