CRTVG

Buscar

Un neno de 12 anos viaxa a China para loitar polo Campionato Mundial de Cálculo Mental

Publicado o 11/07/2019 22:05

Ten 12 anos e a semana vindeira vai á China ao Campionato Mundial de Cálculo Mental. Mauro González tómao como un xogo, pero a súa destreza cos números é abraiante.

A Mauro González gústalle o fútbol e xogar á consola como calquera rapaz de doce anos. A diferenza é que el marcha o mércores vindeiro á China ao Campionato Mundial de Cálculo Mental. O ano pasado foi en Rusia, e gañou o título. Está tranquilo porque para el é un xogo.

Niso precisamente consiste a proba. Poden usar un ábaco, pero el tira de axilidade mental. Todo comezou cunha actividade extraescolar en segundo de primaria.

En segundo de primaria Mauro apuntouse a cálculo aritmético, pero tamén a esgrima. Este ano tamén foi campión de España na súa categoría. Malia os seus logros é un rapaz tímido e humilde, e ten moi claro o seu principal obxectivo da viaxe á China: coñecer a casa de Bruce Lee.

O que semella claro é que o futuro de Mauro pasa polas matemáticas, que é ao que se se quere dedicar.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019