CRTVG

Buscar

Un neno bótase pola fiestra tras pedir desculpas por acosar un compañeiro

Publicado o 16/03/2021 18:00
Un neno bótase pola fiestra tras pedir desculpas por acosar un compañeiro

Un neno de once anos faleceu a pasada madrugada nun hospital de París, onde fora ingresado en estado grave tras saltar pola fiestra do seu cuarto, nun cuarto andar. O rapaz, segundo informan medios franceses, deixou unha carta de desculpa por acosar un compañeiro de clase.

Unha veciña alertou a nai da vítima tras presenciar a escena ocorrida nun apartamento familiar situado na localidade francesa de Vitry-sur-Seine, na contorna da capital gala.

Segundo a cadea francesa LCI, a fiscalía de Créteil abriu unha investigación para coñecer as causas concretas da morte. Todo parece indicar que o menor fora castigado no colexio por acosar un dos seus compañeiros. Logo na casa, tras a reprimenda da súa nai, escribiu a carta de desculpa e botouse ao baleiro.

Aumento da violencia

O suceso ocorre días despois do asasinado de Alisha K., unha nena de 14 anos, supostamente a mans de dous rapaces de 15. O seu corpo apareceu nas augas do río Sena ao seu paso por Argenteuil (ao norte de París).

Este crime impactou a sociedade francesa nun momento en que o aumento da violencia entre adolescentes está a xerar preocupación. O Goberno de Emmanuel Macron prepara un plan para frear as guerras de cuadrillas e o crecente acoso escolar.

O suceso ocorre días despois da morte de Alisha K, unha nena de 14 anos que apareceu sen vida nas augas do río Sena ao seu paso por Argenteuil (norte de París. 
 
Este brime impactou a socieade francesa nun momneo tno que o aumento da violencia entre adolescentes xerou preocupación on Goberno de Emmanuel Macron, que prepara un plan dpara frear as guerras de pandillas e o crecente acoso escolar.