CRTVG

Buscar

Un negocio pioneiro de Redondela serve por encarga a barcos entre as Cíes e San Simón

Publicado o 30/06/2021 21:36

Negocio pioneiro o que coñecemos hoxe na parroquia de Chapela, en Redondela. É un servizo de comidas a domicilio. Ata aquí nada raro, pero a novidade está en que eses domicilios están no medio do mar.

La Comidilla de la Ría é un negocio que ofrece diferentes servizos por encarga aos barcos que están entre as illas Cies e a illa de San Simón. Uniron a experiencia hostaleira de Nuria coa de Daniel como patrón e xurdiu La Comidilla de la Ría. Un negocio para dar resposta a pedidos ou a esquecementos habituais que, no medio do mar,  son máis difíciles de cumprir ou de resolver.

E xa son a comidilla da ría. Tanto que tiveron que ampliar cadro de persoal e unha segunda embarcación para atender pedidos máis rápido e de xeito simultáneo.

 

Noticias web

30/06/2021