Un músico compón unha peza inspirado por un viño do Ribeiro
Publicado o 28/03/2019 21:40
Un músico de Ribadavia compuxo unha peza para un cuarteto de corda, inspirado polo sabor e o aroma dun viño do Ribeiro elaborado por un colleiteiro. Inicia así un proxecto de maridaxe entre o viño e a música que que xa empregaba o rei Afonso X o Sabio, no século XIII nas súas cantiga galego-portuguesas.
Esta é peza musical que compuxo o músico José Luís Tielas inspirado por este viño elaborado no Ribeiro polo colleiteiro Antón e que sae deste viña centearia de Cenlle. Unha mestura entre tradición e modernidade.
Tielas recupera así a maridaxe histórica entre o viño do Ribeiro e a música. En outono queren presentar a peza nun concerto cun cuarteto de corda e xa hai máis adegas interesada no proxecto.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 22:01
19/01/2021 21:48