Un muralista lugués opta á final do concurso da Liga Nacional de Graffiti
Pintou toda a obra en directo para milleiros de persoas a través dunha aplicación que fixo de fiestra para que os amantes desta arte puideran ver a evolución da obra en tempo real. Este mural é a súa aposta para ser finalista no concurso que organizou a liga nacional de graffiti. O mural vótase por Instagram.
Detrás deste mural hai moitos anos de evolución e de traballo, unha profesión á que Diego se dedica dende hai dez anos.
Nas rúas de Lugo expóñense varios dos seus murais, algúns feitos polo gusta a esta arte e outros feitos por encarga, xa que Diego conseguiu facer do que lle gustaba o seu xeito de gañar a vida.
En cada novo mural Diego se supera e asegúranos que en Galicia hai moito nivel no mundo dos muralistas.
O mural do concurso pódese ver na rúa vía láctea e pódese votar por el ata mañá ás dez e media da mañá.