CRTVG

Buscar

Un vigués é o primeiro español que obtén unha Bolsa Prodixio Grammy para estudar en Berklee

Publicado o 03/07/2019 09:10

Queden con este nome: Sergio de Miguel, porque este mozo vigués é o primeiro español que obtén unha Bolsa Prodixio Grammy para completar a súa formación na prestixiosa Escola Berklee de Música nos Estados Unidos. Comezou a tocar o piano aos tres anos e aspira a compoñer e interpretar jazz latino e vivir da música. O primeiro paso para iso xa foi de xigante.

Pois logrouno grazas á súa mestría e con esta composición propia. Sergio de Miguel é un auténtico virtuoso do piano que con 17 anos acaba de converterse no primeiro español en acadar unha bolsa Latin Grammy. Os seus padriños son Gloria e Emilio Stefan, que o elixiron entre os 500 aspirantes que pasaron previamente unha criba aínda máis esixente.

Sergio comezou a tocar o piano ao tres anos e esta Bolsa Prodixio é o froito da súa paixón polo jazz e a música latina.

Sergio ten por diante catro intensos anos de formación no olimpo dos músicos para darlles forma aos seus soños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019