CRTVG

Buscar

Un mozo senegalés salva un home de morrer afogado en Fisterra

Publicado o 17/09/2021 14:40

A impudencia estivo a piques de custarlles a vida a catro persoas que, facendo caso omiso das prohibicións de baño na perigosa praia de Mar de Fóra, en Fisterra, se meteron na auga xusto no centro, na peor zona. A forza do mar arrastrounos cara a dentro, pero a reacción de Elhadji Babacar, un mozo senegalés que estaba a facer deporte na praia, evitou unha desgraza. Logo de moitos esforzos, tres deles foron capaces de saír polo seu proio pé, pero un non era quen de saír. Foi cando, sen pensalo, Elhadji se tirou á auga, nadou cara a onde estaba o home e arrastrouno con moitas dificultades ata conseguir chegar á praia e poñelo a salvo.   

Noticias web

17/09/2021