Un mozo provoca un accidente en Vilanova de Arousa para evitar un control
A imprudencia dun condutor que tentou evitar un control policial causou un grave accidente en Vilanova de Arousa. O mozo, que cuadriplicaba as taxas de alcolemia permitidas, bateu co coche contra o valado dunha casa. Un dos membros da famila que pasaba a tarde no exterior da vivenda resultou ferido grave polo impacto das pedras.
O golpe fixo saltar o valo e as pedras feriron de gravidade unha das persoas que estaban conversando nesta zona do exterior da casa. O ferido está ingresado no hospital de Pontevedra e o seu estado evoluciona favorablemente.
O condutor, un mozo de 19 anos veciño do mesmo concello, está acusado dun delito de lesións por imprudencia e outro contra a seguridade viaria porque cuadruplicaba as taxas de alcolemia. Poderíalle supor unha unha pena de prisión de tres a seis meses e a retirada do carné dun a catro anos.