CRTVG

Buscar

Un mozo morre tiroteado en Salamanca cando paseaba coa súa filla no colo

Publicado o 29/01/2020 21:01
Un mozo morre tiroteado en Salamanca cando paseaba coa súa filla no colo

Tiña só 27 anos. Paseaba coa súa filla no colo e tiroteárono en plena rúa. O suceso ocorreu a primeira hora desta tarde en Salamanca. A policía cre que o home foi vítima dun axuste de contas.

Os atacantes chegaron en dous vehículos, disparáronlle e fuxiron do lugar. A cativa quedou ilesa. Os agresores xa foron identificados, pero polo de agora aínda non os deron localizado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2020