Conmoción en Salceda pola morte dun mozo apuñalado de madrugada no centro da vila
Esta madrugada morreu un mozo acoitelado durante unha discusión con outro en Salceda de Caselas.
Segundo o relato dalgunhas testemuñas, a discusión entre vítima e agresor puido comezar no interior dun bar e continuou xa na rúa. Alí, supostamente, o autor do crime acoitelou mortalmente ao mozo de 25 anos. Foi no centro da vila, ao carón da praza maior. Este sábado os seus amigos deixanban flores e velas en recordo de Soufián.
O falecido, que traballaba na hostalería, levaba poucos meses vivindo en Salceda, a onde se mudara dende Tui. Os veciños destacaban o seu carácter tranquilo e a facilidade coa que se integrara na vila.
A Garda Civil tomou xa declaración ás testemuñasdo crime, e coa descripción e os datos que aportaron, buscan ao autor do acoitelamento.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí