CRTVG

Buscar

Un mozo mata a tiros seis membros da súa familia en Alemaña

Publicado o 25/01/2020 10:54


Un alemán de 26 anos matou a tiros seis membros da súa familia, incluídos a nai e o pai, e feriu de gravidade outros dous. Ocorreu nunha pequena localidade ao norte de Stuttgart. As vítimas mortais son tres homes e tres mulleres de entre 36 e 69 anos. O autor tamén ameazou dous menores, que saíron ilesos. A policía confirmou que tiña licenza de armas como afeccionado ao tiro deportivo.

Noticias web

25/01/2020