Un mozo falecido e outro moi grave nun accidente de tráfico en Caldas esta madrugada
Un mozo falecido e outro en estado moi grave é o balance dun accidente de tráfico acontecido esta madrugada en Caldas de Reis, na estrada que comunica esta localidade con Vilagarcía de Arousa.
Uns operarios que estaban traballando no polígono lindeiro foron os que deron aviso aos servizos de emerxencias sobre as dúas desta mañá. O coche no que viaxaban os dous mozos derrapou pola estrada varias ducias de metros, saíu da vía e acabou impactando lateralmente co peche dunha factoría láctea. O acompañante faleceu practicamente no acto, mentres que o condutor foi trasladado en estado moi grave ao hospital de Montecelo. A Garda Civil de Tráfico investiga se o vehículo circulaba a unha velocidade inadecuada, xa que a estrada estaba totalmente mollada.