CRTVG

Buscar

Un mozo dispara contra a súa ex-parella en plena rúa e á luz do día en Málaga

Publicado o 11/10/2017 09:32

Aconteceu o venres pasado, a plena luz do día, nunha rúa de Málaga. As imaxes amosan un home que apunta cunha pistola a unha moza que, coitelo en man, retrocede. Ela é a súa ex-parella e só unhas horas antes de que se captasen estas imaxes conseguiu unha orde xudicial de afastamento del. O mozo chega a facer tres disparos contra a súa ex-parella pero non queda ferido ninguén. A policía non localizou a arma e sospeita que era de simulación. Prendérono pouco despois e xa ingresou no cárcere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2017