Un mozo da USC, número un do MIR 2019
Publicado o 25/02/2019 16:37
O mozo galego José Manuel Busto Leis é o número un das probas do MIR deste ano 2019. Busto Leis, da USC, obtivo 201 respostas válidas e tivo 24 erros o que lle dá unha puntuación de algo máis de noventa e tres puntos.
Estes resultados son provisionais ata o próximo 21 de marzo, momento en que se farán públicos os definitivos.