CRTVG

Buscar

Un mozo con Down, entre os 8 mellores baristas do mundo

Publicado o 15/02/2019 19:10

Chámase Roberto Pereira. Esta mañá era o primeiro concursante con síndrome de Down que participaba nun campionato internacional de baristas profesionais. Dende esta tarde está xa entre os oito mellores baristas do mundo. Antes do concurso, en Foz, Roberto estaba xa convencido das súas posibilidades.

Roberto Pereira, barista: "Primeiro participar, despois ganar, e se gano este campionato, ir de viaxe con Marcos". Marcos González, barista: "Encantoume este ano con el porque aprendes moitas cousas que non se estudan, como o esforzo, o querer..."

Roberto Pereira elaborou hoxe as súas especialidades, catro cafés expreso, catro capuchinos e catro cócteles sen alcol. Nunca un oitavo posto soubo tanto a vitoria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2019