CRTVG

Buscar

Un mozo, atropelado por un tranvía en Rusia cando camiñaba cos cascos postos

Publicado o 13/12/2019 15:05

Sucedeu en Rusia neste paso a nivel. Un mozo cruza lentamente a vía cos cascos postos. Ao lonxe albíscase o tranvía achegándose na mesma dirección. O peón logra pasar con seguridade pero, de súpeto, cambia de idea e dá a volta para volve cruzar. Distraído cos cascos, non escoita que xusto nese momento pasa o tranvía, que non dá freado e o leva por diante.

O mozo, de 18 anos, atópase en estado crítico despois de saír despedido cara ao chan. As cámaras de seguridade gravaron esta imaxe impactante, que fala do perigo de distraerse co móbil ou os cascos pola rúa.

















 

Noticias web

13/12/2019