CRTVG

Buscar

Un mozo afunde no río o BMW que lle acababa de regalar o pai porque prefería un Jaguar

Publicado o 12/08/2019 12:22


O vehículo, un BMW de alta gama, apareceu aboiando nun río do estado de Haryana, no norte da India, ante a sorpresa dos veciños da zona.
Nun primeiro momento pensouse ademais que podería haber alguén no seu interior. Pero o suceso tiña matices máis surrealistas.
Un mozo tirouno a propósito ao río xa que estaba anoxado co seu pai porque lle regalara ese coche e non o Jaguar que el quería.
Ao parecer, sinalou, o BMW era demasiado pequeno. A familia asegura que o mozo está baixo tratamento médico xa que podería padecer algunha enfermidade mental.
Nun principio o vehículo quedou atascado nunhas herbas altas e non afundiu de todo. O mozo, probablemente arrepentido, tentou coa axuda duns submarinistas locais primeiro e duns guindastres despois, recuperar o coche e dar marcha atrás na súa decisión.
Pero xa era demasiado tarde. O coche afundiu por completo pese aos seus intentos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019