Un motorista quedou ferido grave esta tardiña na OU-536 en Maceda
Publicado o 02/06/2019 21:50
Foi subindo o alto do Rodicio, no concello ourensán de Maceda. A moto foise da estrada nesta pronunciada e perigosa curva na que xa se teñen producido máis sinistros. O compañeiro que conducía outra moto por detrás del foi o primeiro, segundo nos contou, en socorrelo. Estaba consciente pero con fortes dores. Axiña chegou unha ambulancia e foi trasladado ao hospital.
A Garda Civil de Tráfico investiga arestora as causas do sinistro.