CRTVG

Buscar

Falece un motorista nun accidente de tráfico na Laracha

Publicado o 18/07/2020 19:03

 

Os servizos de emerxencia informan da morte dun motorista despois de saír da vía a moto que pilotaba na parroquia de Coiro, no concello coruñés da Laracha. Circulaba pola estrada que enlaza A Laracha coa parroquia de Soandres. O accidente sucedeu á altura do antiogo bar Merelle, pouco despois de pasar o cruzamento que leva á parroquial de Coiro.

A vítima é un home de 45 anos, veciño de Carballo, que ía só na moto. Ata o lugar do sinistro desprazáronse ademáis dos servizos sanitarios, axentes da Garda Civíl, da Policía Local e membros de Protección Civil.No lugar non apareceron marcas de freada e non se desbota que o piloto sufrise unha indisposición antes de caer da moto.